IMPORTANTE: non esquezas engadir en «Observacións» a túa mellor marca persoal da(s) proba(s) na(s) que te inscribes, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente para as inscricións en Campionatos autonómicos, nacionais e competicións con límite de participación de atletas. GRAZAS.
INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.
BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora, con copia da mensaxe ao Club (info@atletismolucus.org), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.
DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Necesito transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá os gastos de desprazamento por conta propia dos/as atletas cando se proporcionase un medio de transporte alternativo.
Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles e información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se desexas inscribirte nalgunha competición, cubre o formulario dispoñible en «Inscribirme» respectando o prazo ou contacta co Club a través de e-mail, Cluber ou WhatsApp.
E-mail Club: info@atletismolucus.org
E-mail Escola: escolalucus@gmail.com
WhatsApp: 664 321 302
Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
AVISO: o formulario de inscricións é novo e pode dar algún erro. Asegúrate de que recibes unha mensaxe de confirmación do Club para garantir que chegou correctamente (se non tes resposta, é posible que non se recibise, sobre todo cos e-mail de Yahoo). En caso de dúbida, comunica a inscrición ao Club ANTES da data límite da proba a través de WhatsApp (664 321 302) ou e-mail (info@atletismolucus.org).
Ao final da páxina podes consultar as inscricións recibidas e tramitadas polo Club.
DATA | DATA LÍMITE | COMPETICIÓN | PREZO | NORMATIVA | INSCRICIÓN |
---|---|---|---|---|---|
27 de diciembre, 2024 | 20 de diciembre, 2024 | Criterium Lanzamentos Ourense Atletismo - [Pago efectivo] | 4 € | Información | Inscrición pechada |
28 de diciembre, 2024 | 18 de diciembre, 2024 | Criterium Probas Combinadas Pista Curta (28-29 dec., Ourense) | 4 € | Información | Inscrición pechada |
28 de diciembre, 2024 | 22 de diciembre, 2024 | Control FGA PC 28/12 MAÑÁ (Ourense) – [Pago online] | 4 € | Información | Inscrición pechada |
28 de diciembre, 2024 | 22 de diciembre, 2024 | Control FGA PC 28/12 TARDE (Ourense) – [Pago online] | 4 € | Información | Inscrición pechada |
29 de diciembre, 2024 | 22 de diciembre, 2024 | Control FGA PC 29/12 MAÑÁ (Ourense) – [Pago online] | 4 € | Información | Inscrición pechada |
03 de enero, 2025 | 28 de diciembre, 2024 | Trofeo +Deporte La Región (Ourense) – [Pago online] | 4 € | Información | |
04 de enero, 2025 | 29 de diciembre, 2024 | C. GALICIA CAMPO A TRAVÉS SUB16-ABS (A Rúa) | 0 € | Información | |
04 de enero, 2025 | 29 de diciembre, 2024 | Control FGA PC 04/01 MAÑÁ (Ourense) – [Pago online] | 4 € | Información |