Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.

Información – Club

QUEN SOMOS?

O club de atletismo máis antigo da provincia de Lugo, creado no ano 1984 co único obxectivo de fomentar a práctica de actividades físicas e deportivas na capital lucense. Con máis de 39 anos de experiencia, o LUCUS CAIXA RURAL GALEGA dispón dun equipo de adestradores e atletas de recoñecido prestixio.

POR QUE ATLETISMO?

TEMPADA 2024 (1 xaneiro a 31 decembro 2024)

ATLETAS

Desde a categoría SUB16 ata MÁSTER

GRUPOS

O noso Club dispón dos seguintes grupos e adestradores para atender a totalidade das probas que constitúen o atletismo, organizados por modalidades.

HORARIOS E LUGARES

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras) e, polo xeral, adoitan ser en horario de tarde, de luns a venres e/ou sábado pola mañá; aínda que dependen de cada grupo de adestramento e están suxeitos ás condicións do adestrador correspondente.

COTA REDUCIDA ÚLTIMO CUADRIMESTRE de 2023

Para as persoas que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor (de setembro a decembro de 2023), existe unha cota reducida en función das distintas categorías, coa posibilidade de adestrar asegurados e/ou competir estes últimos meses do ano.

CATEGORÍAS COTA REDUCIDA CLUB
  • Atletas do ano 2010 *
  • Categoría SUB16 (2009-2008) 
  • Categoría SUB18 (2007-2006)
  • Categoría SUB20 (2005-2004)
35€
  • Categoría SUB23 (2003-2001)
  • Categoría SENIOR (2000-1989)
  • Categoría MÁSTER (35+ anos)
50€
* Os atletas do ano 2010 que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor, terán a consideración de atletas SUB16 a efectos de adestramento e organización, sempre que non teñan licenza federativa por outro Club de atletismo a presente tempada. 

O importe da cota reducida INCLÚE:

! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra directamente desde o enlace posterior ou na oficina do Club, en horario de atención (podes consultalo aquí).

warning

COTA ANUAL DO CLUB 1 xaneiro a 31 decembro 2024

O primeiro pago realizarase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club. En caso de pago fraccionado, o primeiro prazo cargarase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club, o segundo e/ou terceiro prazo cargarase automaticamente no método de pago seleccionado nos primeiros días do seguinte mes (pago en dous prazos) ou dos dous meses seguintes (pago en tres prazos). Exemplo: para un pago en tres prazos, o primeiro cargo realizarase en novembro; o segundo, nos primeiros días de decembro e o terceiro e último, nos primeiros días de xaneiro.

NOTA: estarán exentos/as de pago da cota anual do Club os/as atletas con dereitos de formación ou que quedasen entre os dez primeiros postos do ránking nacional na tempada anterior; a excepción da categoría Máster.

Para efectuar o pago da cota anual, están dispoñibles as seguintes opcións:

! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) e unha camiseta técnica de adestramento para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra directamente desde o enlace posterior ou na oficina do Club, en horario de atención (podes consultalo aquí).

warning

ALTA E RENOVACIÓN DE ATLETAS

A alta ou renovación de atletas realizarase a través da plataforma CLUBERcubrindo o formulario do Club desde aquí ➤ «Inscricións» ou na imaxe posterior, así como o pagamento da cota anual, que se cargará automaticamente no método de pago seleccionado.

(Tempada 2024)

En caso de atletas que procedan do estranxeiro, terán que engadir no formulario de inscrición (ou enviar ao correo electrónico atletismolucus@yahoo.es a seguinte documentación:

IMPORTANTE: o prazo ordinario de renovación das licenzas para a TEMPADA 2024 será ata o 15 de decembro de 2023. Fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta abonar os recargos que poida aplicar a Federación correspondente.

warning

CONTACTO

Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, podes atoparnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) ou contactar con nós en calquera das canles dispoñibles (máis información de contacto aquí).