Información sobre protección de datos

RESPONSABLE

QUEN É O RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS SEUS DATOS?

Identidade: CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA

Enderezo: Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera. Avenida Filarmónica Lucense, 3, 27002, Lugo.

Teléfono: 664 321 302 

E-mail Club: atletismolucus@yahoo.es

E-mail Escola: escolalucus@gmail.com

E-mail Comunicacións: contactos.atletismolucus@gmail.com

 

FINALIDADE

CON QUE FINALIDADE TRATAMOS OS SEUS DATOS PERSOAIS?
  • Se formas parte do Club:

Tratamos a información que nos facilitan os titulares dos datos, ou os seus representantes legais, para xestionar a relación co Club, a tramitación da licencia deportiva e a participación nas actividades xestionadas polo Club, así como competicións ou campionatos.

  • Se es socio/a colaborador do Club:

Trataremos a información que nos facilita coa finalidade de posibilitar a alta como socio colaborador do Club, a xestión de cotas e/ou donativos, así como o envío de comunicacións relacionadas co Club.

  • Envío de información de entidades colaboradoras:

Tratamos a información para enviar información de terceiros cos que se alcancen acordos de colaboración e, nalgúns casos, cederanse os datos identificativos dos membros pertencentes ao Club para que poidan percibir as vantaxes e/ou promocións.

 

CONSERVACIÓN

POR CANTO TEMPO CONSERVAREMOS OS SEUS DATOS?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación co Club e non se solicite a súa supresión por parte da persoa interesada; tendo en conta os prazos previstos pola lexislación  respecto á prescrición de responsabilidades.

 

LEXITIMACIÓN

Baseámonos na execución do servizo a prestar e, nalgúns casos, no consentimento da persoa interesada, como por exemplo para o uso das imaxes e/ou o envío de información relativa á actividade do Club.

Baseámonos no consentimento da persoa interesada para a publicación de imaxes, as comunicacións relacionadas co atletismo, as comunicacións informativas de terceiros e/ou a cesión de datos a terceiros para percibir as vantaxes dos acordos de colaboración.

 

DESTINATARIOS

A QUE DESTINATARIOS SE COMUNICARÁN OS SEUS DATOS?

Poderán cederse ou comunicarse os seus datos a:

  • Federación Galega de Atletismo, para tramitar a licenza deportiva autonómica.
  • Real Federación Española de Atletismo, para tramitar a licenza deportiva nacional.
  • Asesoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
  • Organizadores de competicións, para o correcto control e funcionamento da competición.
  • Aseguradoras, co fin da xestión do seguro deportivo.
  • Empresa de informática, coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos.
  • Entidades coas que se formalicen acordos de colaboración.

De igual xeito, poderán ter coñecemento dos seus datos persoais calquera centro médico en caso de urxencia médica.

 

DEREITOS

CALES SON OS SEUS DEREITOS CANDO NOS FACILITA OS SEUS DATOS?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se no CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA estamos tratando datos persoais que lles concirnan, ou non. Ten dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos á persoa interesada, a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento, opoñerse ao tratamento e á portabilidade dos seus datos.

Informámoslle que ten dereito a retirar o consentimento que nos teña outorgado nalgunha finalidade específica. Ademais, poderá poñer calquera reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos ou outra autoridade de Control.

Pode exercer os seus dereitos de Protección de Datos por escrito en Estadio de Atletismo Gregorio Pérez Rivera, Avda. Filarmónica Lucense, 3, 27002, Lugo.

 

PROCEDENCIA

COMO OBTIVEMOS OS SEUS DATOS?

Os datos foron obtidos directamente da persoa interesada ou do seu representante legal, empregándose as seguintes categorías:

  • De identificación: nome e apelidos, NIF, dirección postal, teléfonos, enderezo electrónico, data de nacemento, imaxe.
  • De identificación do/a responsable legal: nome e apelidos, NIF, grao de parentesco.
  • Datos de saúde: alerxias, intolerancias e/ou información relevante.
  • Datos bancarios: para a domiciliación de pago.