CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo da provincia de Lugo e dos máis antigos de Galicia, creado no ano 1984 co único obxectivo de fomentar a práctica de atletismo na capital lucense. Vimos de cumprir 40 anos de experiencia cun equipo do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio, e que actualmente continúa a labor de formación e especialización achegando o deporte na nosa localidade.
Desde a categoría SUB16 ata MÁSTER.
O noso Club dispón dos seguintes grupos e adestradores para atender ás distintas especialidades do atletismo, organizados por sectores ou probas.
Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras) e nas inmediacións da instalación deportiva.
Os horarios varían en función de cada grupo (podes consultalos no apartado anterior «Grupos»). Polo xeral, adoitan ser de luns a venres en horario de tarde e/ou sábados en horario de mañá. Recoméndase consultar co adestrador responsable de cada grupo específico para obter máis información.
COMO SE REALIZA O PAGO?
O cobro das cotas realízase a través de Cluber mediante pago con tarxeta e prográmase desde o Club. O primeiro pago abónase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club. En caso de pago fraccionado, o primeiro prazo abónase no momento de tramitar a ALTA ou RENOVACIÓN co Club, o segundo e/ou terceiro prazo cárgase automaticamente no método de pago seleccionado no mes ou meses seguintes (pago en dous ou tres prazos). Exemplo: para un pago en tres prazos, o primeiro cargo realízase en novembro; o segundo, en decembro e o terceiro e último, en xaneiro.
NOTA: estarán exentos/as de pago da cota anual do Club os/as atletas con dereitos de formación ou que quedasen entre os dez primeiros postos do ránking nacional na tempada anterior (2023); a excepción da categoría Máster.
Para efectuar o pago da cota anual, están dispoñibles as seguintes opcións:
! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) e unha camiseta técnica de adestramento para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra directamente desde o enlace posterior ou na oficina do Club, en horario de atención (podes consultalo aquí).
Para as persoas que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor (de setembro a decembro de 2024), existe unha cota reducida que permite adestrar baixo a cobertura do seguro deportivo e competir os últimos meses do ano. En función das distintas categorías, o importe é o seguinte:
CATEGORÍAS | COTA REDUCIDA CLUB |
|
35€ |
|
50€ |
* Os atletas do ano 2011 que se incorporen ao Club no último cuadrimestre da tempada en vigor terán a consideración de atletas SUB16 a efectos de adestramento e organización, sempre que non teñan licenza federativa por outro Club de atletismo a presente tempada (2024). |
QUE INCLÚE A COTA REDUCIDA?
NON ESTÁ INCLUÍDO:
× Chándal oficial e equipación de competir do Club.
! Os novos e novas atletas deben adquirir obrigatoriamente o chándal oficial do Club, que INCLÚE a equipación oficial de competición (camiseta/top + pantalón/malla/braga) para as NOVAS ALTAS no Club. Podes realizar a reserva de talla e a compra directamente desde o enlace posterior ou na oficina do Club, en horario de atención (podes consultalo aquí).
A alta ou renovación de atletas realizarase a través da plataforma CLUBER, cubrindo o formulario do Club desde aquí ➤ «Inscricións» ou na imaxe posterior, así como o pago da cota anual, que se cargará automaticamente no método de pago seleccionado.
En caso de atletas que procedan do estranxeiro, terán que engadir no formulario de inscrición (ou enviar ao correo electrónico atletismolucus@yahoo.es) a seguinte documentación:
IMPORTANTE: o prazo ordinario de renovación das licenzas para a TEMPADA 2024 será ata o 15 de decembro de 2023. Fóra dese prazo, será responsabilidade de cada atleta abonar os recargos que poida aplicar a Federación correspondente.
Recoméndase acudir sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). Tamén é recomendable levar sempre na mochila roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como auga para hidratarse durante a actividade.
Se tes algunha dúbida ou precisas máis información, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico atletismolucus@yahoo.es, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (a partir de setembro, dispoñible aquí).