Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.

Información – Escola

QUEN SOMOS?

Unha escola base de iniciación ao atletismo integrada no LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo de Lugo e dos máis antigos de Galicia, con 40 anos de experiencia, do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio na nosa localidade.

Na actualidade, participamos activamente na formación técnico-deportiva e en valores desde a idade escolar, cun equipo composto por adestradores, mestres especializados en Educación Física e atletas destacados no ámbito do atletismo vinculados ao Club.

POR QUE ATLETISMO?

OBXECTIVOS DA ESCOLA

TEMPADA 2024/2025

ATLETAS

Dos 5 aos 12 anos (nenos/as do 2019 a 2012), cumpridos o ano natural en que comeza a tempada.

DURACIÓN

Comeza o martes 17 de setembro de 2024 e remata o venres 20 de xuño de 2025, incluídos*.

*Os días festivos, vacacións escolares e días non lectivos, non hai adestramentos.

GRUPOS

Organízanse por categorías, en función da idade dos/as atletas.

HORARIOS E LUGAR

Os adestramentos teñen lugar nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da piscina As Pedreiras), nos seguintes días e horas:

GRUPOS DE ADESTRAMENTO – TEMPADA 2024/2025

  LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES
17:00-18:00h   SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

SUB8 *

SUB10 *

18:00-19:30h   SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

SUB12 *

SUB14

*As categorías SUB8, SUB10 e SUB12 deben escoller ata 3 días/semana e indicalo no formulario de inscrición online. En caso de non indicar días, asignarase o grupo con menor número de atletas nese momento.

Será necesario un mínimo de 10 atletas para formar grupo.

LUGAR DE CHEGADA E RECOLLIDA DE ATLETAS

As familias poderán acceder á instalación pola entrada principal e agardarán a que os/as monitores/as recollan aos atletas para entrar nas pistas ou no módulo cuberto (por favor, evitade bloquear as zonas de entrada e saída para os demais usuarios da instalación). Os días de choiva, poden agardar nas zonas cubertas ou nas gradas habilitadas. Non está permitido o paso das familias á zona de adestramento, pero si poderán acceder á zona das gradas da instalación deportiva.

COTAS DA ESCOLA

A cota por tempada inclúe matrícula anual (coa tramitación da licenza federativa e seguro deportivo) e adestramentos mensuais (de outubro a xuño, incluídos), con descontos especiais para familias. O mes de setembro está incluído no importe da matrícula para os/as atletas inscritos/as, e é gratuíto para os que participan na xornada de portas abertas (ata o 27 de setembro de 2024).

Cota estándar 
  • Matrícula: 50€ 
  • Adestramentos: 30€/mes
  • Un día á semana: 20€/mes Novidade!
Cota especial (2 irmáns) 
  • Matrícula: 100€ (50€/atleta)
  • Adestramentos: 50€/mes (-5€/mes por atleta)
  • Un día á semana: 35€/mes (-5€/mes por atleta)
Cota especial (3 irmáns) 
  • Matrícula: 100€ (unha matrícula gratis)
  • Adestramentos: 60€/mes (-10€/mes por atleta)
  • Un día á semana: 40€/mes (-10€/mes por atleta)

QUE ESTÁ INCLUÍDO?

NON ESTÁ INCLUÍDO:

× Equipamento obrigatorio para os adestramentos e actividades da Escola (camiseta e suadoiro).

× Equipamento oficial de competición do Club (dispoñible baixo préstamo).

COMO SE REALIZA O PAGO?

O cobro das cotas realízase a través de Cluber mediante pago con tarxeta e prográmase desde o Club. O primeiro mes abónase a matrícula e a cota de adestramentos, os seguintes meses cárgase automaticamente a cota de adestramentos (inicio do mes). Tamén está dispoñible o pago único por tempada, seleccionando esta opción no apartado «Cota» do formulario de inscrición online.

As novas altas que se realicen durante a tempada deberán abonar o importe da matrícula no mes de proba, os seguintes meses cargarase automaticamente a cota de adestramentos (inicio do mes) que corresponda. Tamén está dispoñible o pago único por tempada, seleccionando esta opción no apartado «Cota» do formulario de inscrición online. 

INSCRICIÓN E/OU PROBA GRATUÍTA

Para formalizar a inscrición na nosa Escola de Atletismo, só tes que cubrir o formulario online «Inscrición» dispoñible aquí ou na imaxe posterior, con carácter previo á asistencia. Se é a primeira vez ou prefires probar sen compromiso antes de inscribirte, podes cubrir o impreso de proba gratuíta dispoñible aquí ou na imaxe «Coñécenos», que deberás enviar por correo electrónico a escolalucus@gmail.com ou entregar de xeito presencial o primeiro día de adestramento. Non poderán participar nos adestramentos sen ter presentado calquera dos dous impresos previamente, dispoñibles nos seguintes enlaces.

EQUIPAMENTO DA ESCOLA

Será obrigatorio adquirir o equipamento básico da Escola de Atletismo (camiseta + suadoiro) para acudir aos adestramentos, competicións e calquera outra actividade vinculada ao Club. Podes visitar a oficina do Club en horario de atención para comprar e probar as tallas, ou reservalo previamente online, no seguinte enlace.

Para mercar material adicional (mochila, anorak, chuvasqueiro, saco, chándal, etc.) podes consultar os prezos na oficina de Club ou en calquera momento por correo electrónico ou WhatsApp.

Nas competicións que teñan lugar ao longo da tempada, o Club proporcionará a roupa de competir para os/as atletas en réxime de préstamo, previo abono dunha fianza de 30€ que será devolta coa entrega do equipamento deportivo, ao remate da tempada da Escola de Atletismo.

RECOMENDACIÓNS

É recomendable que acudan sempre ás pistas con calzado deportivo de recambio para cando os adestramentos teñan lugar no módulo cuberto de atletismo, pois é obrigatorio entrar á instalación con calzado diferente ao da rúa (é unha NORMA DO CONCELLO). 

IMPORTANTE: Recoméndase traer sempre unha mochila con roupa de cambio (especialmente os días de choiva), pois a maioría dos adestramentos teñen lugar ao aire libre; así como unha botella de auga persoal para hidratarse durante a actividade.

CONTACTO

Se tes algunha dúbida ou consulta, podes poñerte en contacto con nós a través do enderezo electrónico escolalucus@gmail.com, WhatsApp (664 321 302) ou visitarnos na oficina do Club situada nas Pistas de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera (baixando da Piscina As Pedreiras) en horario de atención (a partir de setembro, dispoñible aquí).