Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.

Inscríbete aquí para as competicións

IMPORTANTE: non esquezas engadir en «Observacións» a túa mellor marca persoal da(s) proba(s) na(s) que te inscribes, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente para as inscricións en Campionatos autonómicos, nacionais e competicións con límite de participación de atletas. GRAZAS.

! AVISO IMPORTANTE – COMPETICIÓNS

INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.

BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora, con copia da mensaxe ao Club (info@atletismolucus.org), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.

DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Necesito transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá os gastos de desprazamento por conta propia dos/as atletas cando se proporcionase un medio de transporte alternativo.

Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles e información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se desexas inscribirte nalgunha competición, cubre o formulario dispoñible en «Inscribirme» respectando o prazo ou contacta co Club a través de e-mail, Cluber ou WhatsApp.

E-mail Club: info@atletismolucus.org

E-mail Escola: escolalucus@gmail.com

WhatsApp: 664 321 302

Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA). 

AVISO: o formulario de inscricións é novo e pode dar algún erro. Asegúrate de que recibes unha mensaxe de confirmación do Club para garantir que chegou correctamente (se non tes resposta, é posible que non se recibise). En caso de dúbida, contacta co Club ANTES da data límite da proba para confirmar a inscrición.
Ao final da páxina podes consultar as inscricións recibidas e tramitadas polo Club para cada competición.

DATADATA LÍMITECOMPETICIÓNPREZONORMATIVAINSCRICIÓN
21 de diciembre, 2024
15 de diciembre, 2024
XORNADA PROMOCIÓN ATLETISMO - CONCELLO DE LUGO0 €Información

Inscrición pechada

22 de diciembre, 2024
15 de diciembre, 2024
Control de marcas de Inverno CAR (Ourense) - [Pago efectivo]3 €Información

Inscrición pechada

26 de diciembre, 2024
20 de diciembre, 2024
Control SG Pontevedra – CA Sada (Vigo) - [Pago efectivo]4 €Información

Inscrición pechada

27 de diciembre, 2024
20 de diciembre, 2024
Criterium Lanzamentos Ourense Atletismo - [Pago efectivo]4 €Información

Inscrición pechada

28 de diciembre, 2024
18 de diciembre, 2024
Criterium Probas Combinadas Pista Curta (28-29 dec., Ourense)4 €Información

Inscrición pechada

28 de diciembre, 2024
22 de diciembre, 2024
Trofeo Festa HQR! Rías Baixas (Pontevedra)0 €Información
28 de diciembre, 2024
22 de diciembre, 2024
Control FGA PC 28/12 MAÑÁ (Ourense) – [Pago online]4 €Información
28 de diciembre, 2024
22 de diciembre, 2024
Control FGA PC 28/12 TARDE (Ourense) – [Pago online]4 €Información
29 de diciembre, 2024
22 de diciembre, 2024
Control FGA PC 29/12 MAÑÁ (Ourense) – [Pago online]4 €Información