Facendo, ensinando e amando o atletismo dende o ano 1984 na capital lucense.
MÁIS DE 40 ANOS DE HISTORIA
CLUB ATLETISMO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA, o club sen ánimo de lucro máis antigo da provincia de Lugo e dos máis antigos de Galicia, creado no ano 1984 co único obxectivo de fomentar a práctica de atletismo na capital lucense.
Vimos de cumprir 40 anos de experiencia cun equipo do que formaron parte moitos adestradores e atletas de recoñecido prestixio, e que actualmente continúa a labor de formación e especialización achegando o deporte na capital lucense.
FORMACIÓN DEPORTIVA
No Club Atletismo Lucus promovemos a práctica do atletismo en todas as súas vertentes, adaptándonos a cada idade e nivel. Contamos cunha Escola de iniciación para os máis pequenos e un Club para continuar a formación deportiva en categorías maiores. Consulta toda a información sobre grupos, horarios e inscricións e dá o primeiro paso connosco.
Dos 5 aos 12 anos
Escola base de iniciación ao atletismo integrada no Club, formación técnico-deportiva e en valores desde a idade escolar
A partir dos 13 anos
Dende o 1984, Club sen ánimo de lucro dedicado á práctica e formación deportiva das distintas especialidades do atletismo
Competicións, Normativas e Recursos
Neste espazo atoparás toda a información necesaria para a túa participación en competicións, normativas vixentes, descargas de documentos importantes e outros recursos útis. Mantente ao día cos regulamentos e facilidades dispoñibles para que a túa experiencia atlética sexa o máis completa posible.
TENDA ONLINE
Visita a nosa tenda online e descubre a equipación oficial do Club Atletismo Lucus.
resultados, avisos e máis
Mantente ao día coas últimas novidades do Club Atletismo Lucus. Nesta sección atoparás os resultados máis recentes, avisos importantes e noticias destacadas sobre as nosas actividades, competiciones e eventos.
© Lucus Caixa Rural Galega | Diseño web: zerozero.pro