IMPORTANTE: non esquezas engadir en «Observacións» a túa mellor marca persoal da(s) proba(s) na(s) que te inscribes, xunto coa data e o lugar onde se rexistrou, especialmente para as inscricións en Campionatos autonómicos, nacionais e competicións con límite de participación de atletas. GRAZAS.
INSCRICIÓNS – Será responsabilidade de cada atleta o pago da inscrición nas competicións que así o esixa a Federación Galega de Atletismo ou entidade organizadora; agás nos campionatos autonómicos e nacionais, que asumirá este importe o Club.
BAIXAS / RENUNCIAS – Será responsabilidade de cada atleta a comunicación da súa baixa ou renuncia á Federación Galega de Atletismo ou correo da entidade organizadora (competicion@atletismo.gal ou organizador), con copia da mensaxe ao Club (atletismolucus@yahoo.es), en caso de que se tramite a súa inscrición e, finalmente, non participe. De non comunicalo nas condicións que se recollan no regulamento da competición, o/a atleta asumirá a sanción correspondente e o importe da inscrición, de ser o caso.
DESPRAZAMENTOS – Será responsabilidade de cada atleta solicitar o transporte ao Club cando así o precise para acudir aos campionatos de carácter autonómico ou nacional (ben marcando a casilla «Necesito transporte» no momento da inscrición ou enviando unha mensaxe ao e-mail ou teléfono de contacto aquí). O Club non asumirá os gastos de desprazamento dos/as atletas que se despracen pola súa conta cando se proporcionase outro medio de transporte alternativo.
Consulta en «Inscricións» as competicións dispoñibles, a lista de inscritos/as e máis información de interese sobre as probas (regulamento, horario, resultados, etc.). Se non atopas a competición á que queres inscribirte, envía un correo a atletismolucus@yahoo.es.
Nos seguintes enlaces podes consultar o calendario oficial de competicións da Federación Galega de Atletismo (FGA) e a Real Federación Española de Atletismo (RFEA).
DATA | DATA LÍMITE | COMPETICIÓN | PREZO | NORMATIVA | INSCRICIÓN |
---|---|---|---|---|---|
04 de mayo, 2024 | 29 de abril, 2024 | Control FGA Aire Libre (Santiago) - TARDE | 4 € | Información | Inscrición pechada |
04 de mayo, 2024 | 28 de abril, 2024 | Trofeo de Marcha en Pista (Santiago de Compostela) | 0 € | Información | Inscrición pechada |
04 de mayo, 2024 | 28 de abril, 2024 | C. GALICIA PÉNTATLON LANZAMENTOS MÁSTER | 0 € | Información | Inscrición pechada |
04 de mayo, 2024 | 28 de abril, 2024 | IV Control Concello de O Barco | 0 € | Información | Inscrición pechada |
04 de mayo, 2024 | 28 de abril, 2024 | IV Xornada - Ourense Series Provinciais | 0 € | Información | Inscrición pechada |
05 de mayo, 2024 | 29 de abril, 2024 | Control FGA Aire Libre (Santiago) - MAÑÁ | 4 € | Información | Inscrición pechada |
05 de mayo, 2024 | 29 de abril, 2024 | Trofeo AVA – Eugenio Torres (categoría SUB16) | 0 € | Información | Inscrición pechada |
10 de mayo, 2024 | 04 de mayo, 2024 | II Trofeo La Mochila del Deporte (Coruña) | 3 € | Información | Inscrición pechada |
11 de mayo, 2024 | 06 de mayo, 2024 | I Xornada Series Municipais Concello de Vigo | 0 € | Información | Inscrición pechada |
17 de mayo, 2024 | 09 de mayo, 2024 | Gran Premio Internacional Cidade de Vigo | 0 € | Información | Inscrición pechada |
18 de mayo, 2024 | 12 de mayo, 2024 | Cantones de Marcha - Josefina Romero (A Coruña) | 0 € | Información | Inscrición pechada |
18 de mayo, 2024 | 02 de mayo, 2024 | C. ESPAÑA CLUBS 2ª DIVISIÓN - MULLERES | 0 € | Información | Inscrición pechada |